TESTOSTERONA

(texto da web de Chévere)
Testosterona é un proxecto de creación escénica e intervención cultural sobre identidade e construción de xénero, que se puxo en marcha no mes de xullo de 2008. O primeiro resultado do proxecto foi un obradoiro para-teatral dirixido a mulleres que leva por título “Ser home por un día”, co que se quere acadar unha experiencia colectiva de emancipación de xénero. O segundo produto asociado ao proxecto é este espectáculo. Unha obra de teatro que cuestiona a división normativa da sociedade en dous sexos e formula a posibilidade dun xénero modificable e flexible. Ciencia, hormonas, leis, armarios, tecnoloxía, educación, natureza, industria, cultura, capital, rock’n’roll, política…, todo se confabula para artellar esta peculiar ditadura de xénero que nos domina. Testosterona é un exorcismo emancipatorio e teatral que se sirve tanto da música en directo, a performance, o transformismo, a comedia, o naturalismo, o vídeo ou o melodrama, como do silencio, a pouca luz ou a simple blasfemia.
PODEDES VER UNHA PEZA DE VÍDEO INCLUÍDA NO ESPECTÁCULO AQUÍ:
http://www.youtube.com/watch?v=xy0cOYLBIKE
http://www.salanasa.com/index.php#







